martes, 9 de marzo de 2010

Comenzamos la postproducción de audio del cortometraje "LEO Y MARIO (se dejan)" de Sonia Méndez


Comenzamos la postproducción del cortometraje "LEO Y MARIO (se dejan)", de la directora Sonia Méndez.

Después de dirigir el cortometraje "Perversa Lola", este cortometraje es el segundo trabajo de dirección de Sonia Méndez, en el que también escribió el guión.

El reparto de esta producción lo forman: Xiana Carracelas, Alberto Rolán y Sandra Lesta.

Mandeo Records nos encargamos del sonido directo del rodaje y en el día de hoy ya empezamos la postproducción de audio.

Para ver Perversa Lola pulsa aquí

3 comentarios:

  1. Vostedes fan un moi bo e notable traballo de postprodución, pero se a segunda curtametraxe "Leo e Mario" vai ter unha dirección e guionización coma a primeira respetuosamente dígolles que isto é estragar a uns bos actores cunha pésima dirección e historia. Bos profesionais técnicos, son, iluminación, maqueaxe, etc ... en mans dunha afeccionada que xoga a ser directora? Deberiase supervisar un esforzo tan serio antes de tirar os cartos dese xeito, calquer alumno de 1º da EIS fariao sobradamente mellor. Desculpen as críticas que non van con Vostedes senon coa dirección e o guión. Saúdalles atentamente un membro da asociacion de técnicos audiovisuais.

    ResponderEliminar
  2. Respectamos tódalas opinións e críticas.
    "Leo e Mario" é un proxecto propio de Sonia Méndez, que ela mesmo autofinanciou.
    Nós consideramos que dentro dos valores de produción había unha parte humana moi importante: o equipo de produción e actoral que conviviu nesta rodaxe.
    Apostamos por esta rodaxe, porque consideramos que todo o mundo ten algo que contar, independentemente que o resultado final lle guste a uns máis que a outros e sobretodo, porque é de admirar, que nos tempos que corren, alguén aposte polo seu propio proxecto.
    Un saúdo compañeiro de asociación.

    ResponderEliminar
  3. Sempre respectando a súa opinión gustaríame respostarlle ao seu comentario sobre a miña segunda curtametraxe que, evidentemente, aínda non puido visionar.
    En primeiro lugar considero que cando un ten a valentía de poñer un comentario tan destructivo sería ben honorable pola súa parte que, a lo menos, non se ocultase tras un "anónimo". Xa que é doado ser cruel e insultante sen que a persoa á que se refire, ou sexa eu, poida poñer cara ao seu comentario.
    En segundo lugar e para a súa tranquilidade dígolle que o risgo económico provén do meu propio peto. Quede tranquilo, nese sentido os cartos, como vostede di, "tirados" son exclusivamente o meu problema.
    En terceiro lugar resúltame moi innovador criticar unha dirección e un guión que vostede descoñece por completo dado que aínda non se estreou.
    E por último lugar creo que é moi categórico ao usar o termo "afeccionada". Non teño porque poñer sobre a mesa a miña formación nin a miña responsabilidade á hora de levar a cabo este ou calquer traballo e moito menos cando a súa opinión "anónima" baséase nun criterio claramente persoal. Que a vostede non lle guste o meu traballo non quere dicir que non poida gustarlle a outros.
    Como queda claro no seu email, a crítica é únicamente dirixida á miña persoa e como tal creo este blog non é o espazo adecuado para facela. Convídolle a que dé a cara e faga a crítica no lugar axeitado. Teño a extraña intuición de que vostede e máis seguramente nos cruzamos en algunhas ocasións.

    Un saúdo, Sonia Méndez.

    ResponderEliminar